Cala a boca.

e a vida deu un xiro de 180 grados, atopeite,
e agora, meses despois, atópome eu agardando que aconteza algo que me faga mudar a miña perpectiva da vida,
que me faga ver que atoparme contigo foi a coincidencia do século
e que agora és a única persoa no planeta que podería darme todo o que eu realmente preciso neste momento para ser feliz.

Déixame en paz.

Te portas

-Os meus veciños xa non discuten, creo que xa non se queren, sabes? porque xa non falan, xa non se ven, xa non coinciden, xa non berran, xa non se miran...
-Iso é porque él sempre o relativiza todo e non lle da importancia a nada...
-NON! Por qué? si eso é o que hai que facer!
-Iso ti..
-Boh, mira, o outro día os vin collidos do brazo pola rúa, pararon no paso de peóns; ela o mirou e lle dixo "Ei, tes algo no ollo, espera, queres que cho quite?", el apartouna (sorrindo) e respondeulle "Non, deixa. Quero que mo queras quitar".
-Hum... e cres que xa non se queren?
-Si, bueno... non o sei... e que nunca os vexo xuntos... e el é tan bo.. dame tanta rabia que o pase mal...
-Pero mira... e a ti que carallo che importa o que fan ou deixan de facer os teus veciños?

Quén amores há, cómo dormirá?

As letras do teu nome xa non se poden ler,
e pois xa non te.. non podo chamarte aunque quixer,
déixame nos teus beizos teus soñares saber.

Quezáis soñás, amor, coa branca abelaneira
ou co cervo que baixa a beber na riveira
ou co merlo que canta seu vagar na roseira.

Ou por soñar ti soñas, amante pedra fría,
naquil teu corazón, que era carne algún día
i amor, ise nemigo, en chamas alcendía?

Quén amores há,
cómo dormirá?

[Dona do corpo delgado]