Non (quero que) te equivoques comigo.

Xa dixen hai pouco que me estaba a fartar e que non pensaba facer máis, porén, seguín facendo. De feito fixen de máis outra vez. Por parva. Así que como non teño límites nin son contínua, é mellor que pare xa. Si. Non quero molestar a ninguén máis. Sendo franca, nin sequera sei o que ti pensas, e como creo que as cousas están chegando moi lonxe, non quero que te equivoques.

Non podes imaxinar a pena que me da. Non por nada, senón porque creo que había cousas que pagaban a pena, pero, é que en realidade hai outras moitas que a pagan moito máis, tanto para tí como para min, así que é mellor que sigamos limitándonos ao de sempre se desa forma non te vas a confundir máis comigo.

É que xa está, canseime, aburríchesme.. non estou para troulas.. pásao ben, de verdade, aproveita o que che queda de vida, que oxalá sexa moito e se depois caes na conta de que te equivocahes, mala sorte mozo.. ti o perdes. Non sei se isto é reacción de rapaza frustrada ou de que, pero de verdade.. non me gusta que se confundan comigo, e ti.. pss.. creo que a estás a meter ata o fondo.

O certo e que é unha verdadeira lástima que quede todo eiquí, (porque supoño que nin lerás isto ou que si o les, estarás de acordo comigo e non se dará ningún cambio) pero é o que hai amiguiño, non será por tempo... Algún dos dous tiña que cansarse antes non? pois fun eu.. síntoo.. (porque é obvio que tin non te vas cansar de ter una moza así de feitiña detrás) aínda que sabes de sobra, que se quiseses, te podería dar outra oportunidade. Porque te collín moito aprezo co tempo, por iso non me importaría darche outra, pero ten que ser por ti, porque min non vai saír máis. Pero eu si que me canso de andar detrás. Ao mellor é por iso, porque son tan noviña que quero as cousas xa, non sei agardar e doulle moitas voltas á testa, así que.. aburrinme, aínda que aburrirse sexa de parvos.

En fin, qué máis da. Non sei se pensas que terás moitas máis oportunidades coma esta na túa vida; agora, se tes que tomar unha decisión.. entendóo, eu, por sorte, si que terei todas a oportunidades que quera. Estou farta de que se me malinterprete e de que tí cho creas demasiado.

Así que para evitar confusións, acabouse a leria. E se a que se está a equivocar son eu... faimo saber. Bótalle narices joder, que sempre teño que ser eu.

Agradézoche todo o que fixeches por min e débote moito. Así que xa nos veremos cando te apeteza.