Retrospectiva

Aumentou a velocodade da súa carreira por entre as árbores, saltou por enriba de troncos caídos, agachou a cabeza para esquivar as pólas máis baixas, cruzou polos fentos co medo de encontrar algunha serpe, evitou silvas, ortigas, pisou setas, atravesou auga.
Pero, de repente, o bosque cambiou por completo. Agora era máis tebroso e inhóspito. A luz do sol filtrábase como podía entre as árbores. Non oía ruido ningún e o cheiro a herba mollada falaba do frío que comezaba a facer.
Alí estaba por fin. Dentro da súa natureza desexada, propiedade xa das arbores, do río, da súa flora e dos animáis que se intuían. A atmósfera estaba envolta nunha extraña melodía, sintonía entre o vento e o gris das follas.
Chegara xa. ¿E agora qué? ¿Qué ía facer con tanta irresponsabilidade nos ollos?